Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as XI Xornadas de Artes Escénicas 2010


# Martes, 15/06/2010
O ciclo teatral desenvolveuse desde o 24 de maio ata o 11 de xuño

As XI Xornadas de Artes Escénicas 2010 organizadas polo Concello de Lugo, o colexio Fingoi e a Escola de Arte e Lecer rematan mañá, mércores 16 de xuño, coa actuación da Aula de Teatro da Escola de Arte e Lecer  ás 21.00 horas na Praza de Santa María. A última representación deste ciclo teatral será a obra Algo huele a podrido en Dinamarca.
 
Estas Xornadas desenvolvéronse desde o 24 de maio ata o 11 de xuño no Centro de Convivencia Fingoi dentro da programación de Animación sociocultural para este ano 2010.
 
Nesta edición o eixe central foron os intercambios entre os grupos, por enriba das meras actuacións e representacións.

As actuacións teatrais correron a cargo de:

- Teatro con cachelos do CEIP Anexa
- Os Lerias do IES Leiras Pulpeiro
- La armonía de los girasoles do Centro de Día do Hospital de San Xosé
 - Grupos do Colexio Fingoi:.4º de E. Primaria,3º de E. Primaria, Upiaska teatro, Trasnadas, teatro.
- CPI Dr. López Suárez de Friol
- Biblioteca de Antas de Ulla
- Turbina teatral de Meira
- Teatro solidario As Insuas de Muros (A Coruña)
- CPI de Vedra e CPI de Touro (A Coruña)
- IES Menéndez Pidal de A Coruña
- IES Xelmírez de Santiago (A Coruña)

Houbo, ademais, actuacións de música a cargo da Orquestra de Frautas de Galicia, dirixida por Salvador Espasa (Madrid) e de danza coa aula de danza da Escola de Arte e Lecer do Colexio Fingoi.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova