Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presentou o libro Guía Poética da Muralla de Lugo


# Martes, 15/06/2010
* É o primeiro volume da colección Poetas en Lugo 10
* Na presentación participaron o autor da obra, Xosé Otero Canto, e o prologuista, Xosé Luís Novo Cazón


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentaron no Salón de Plenos o libro Guía Poética da Muralla de Lugo que inaugura unha nova colección editada polo Concello Poetas en Lugo 10. Neste acto participaron tamén o autor da obra, Xosé Otero Canto, e o prologuista, Xosé Luís Novo Cazón.

A muralla romana de Lugo ten 10 portas, e neste ano 2010 celébranse os 10 anos da súa declaración pola UNESCO como Patrimonio Mundial. Lugo é unha cidade fondamente poética que cantaron altamente –por citarmos só 10 nomes entre tantos– Fernando Esquío, Luís Pimentel, Lorenzo Varela, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo...

O libro inclúe un total de 37 poemas que o autor dedicou ao monumento máis representativo da cidade de Lugo: a Muralla Romana.

Xosé Otero Canto, chairego de nacemento e lucense de adopción e residencia, é profesor no Instituto Lucus Augusti. Foi galardoado con diversos premios de poesía, colabora asiduamente en Xistral, Revista lucense de creación poética, e ten publicado os libros Salaios da Chaira, Arelas de prata e soños e Miño, río pai e amigo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova