Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investirá máis de 100.000 euros na renovación do pavimento da rúa San Froilán e Raíña


# Mércores, 16/06/2010
A Xunta de Goberno renovou o contrato coa empresa encargada do servizo de transporte dos nenos e nenas desde o Carqueixo

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto das obras de repavimentación da rúa da Raíña e San Froilán por un importe total de 1010.427 euros.

Segundo o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, as rúas do centro histórico da cidade foron renovando o seu pavimento paulatinamente: Progreso, Xoán Montes, rúa da Cruz, Campo Castelo, Rúa Nóreas, Rúa Tenente Coronel Teixeiro, Praza de Armanyá. Quedan pendentes: Rúa da Raíña, San Froilán, Clérigos e rúa Nova.

Por outra banda, aprobouse a prórroga polo prazo dun anos, do contrato asinado coa empresa Hervei, SL, encargada do servizo de transporte dos nenos e nenas desde o Carqueixo ata as escolas infantís da cidade. Esta prórroga contará cun orzamento de 22.290 euros.

Rábade anunciou, ademais, a proposta de adxudicación provisional das obras de acondicionamento de semisoto para galería de tiro, remates do ximnasio e acondicionamento da contorna coa empresa Jesús Penas, SL. O importe total destinado a esta actuación será de 161.999 euros e unhas melloras ofertadas pola empresa de 8.600 euros.

A Xunta de Goberno acordou a adxudicación provisional do arrendamento con opción a compra, mantemento, subministración de consumibles e reparación dos sistemas de impresión do Concello á mercantil Sistemas Macrocopia SL. O orzamento deste contrato é de 105.656 divido en 48 cotas. Segundo a oferta presentada, o prezo unitario da copia en branco e negro é de 0´014 euros e o prezo unitario da copia en cor de 0´082 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova