Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Urban de Lugo obtén o recoñecemento do Ministerio de Economía


# Mércores, 16/06/2010
Hoxe reúnese en Santiago o Comité de Seguimento do Programa Operativo FEDER de Galicia 2007-2023

O Plan Urban de Lugo foi recoñecido como “boa práctica” polo Ministerio de Economía. O Ministerio deulle esta cualificación ó proxecto URBAN que se desenvolve no casco histórico da cidade polas medidas de difusión ás axudas para a mellora exterior de locais de negocio de Lugo, que cofinancia o programa operativo FEDER en Galicia.

O Comité de Seguimento do Programa Operativo FEDER de Galicia 2007-2013 reúnese hoxe en Santiago coa presencia de representantes das administracións centrais, autonómicas e locais.

Este programa de axudas do Plan URBAN de Lugo ten o obxectivo de adecuar os exteriores dos locais comerciais, tanto no que se refire a fachadas e rótulos como a toldos ou terrazas de hostalería.

O informe do Ministerio sobre a execución do Programa Operativo FEDER de Galicia destaca que a difusión destas axudas que fixo a oficina URBAN da cidade “tivo un reflexo positivo no número de solicitudes” que foi de 80 no ano 2009. O número de axudas concedidas foi finalmente de 59, xa que algúns dos solicitantes acabaron pospoñendo a súa intervención para outro ano.

O Ministerio considera que a de Lugo foi unha boa práctica pola cercanía ós beneficiarios potenciais na difusión das axudas xa que se celebraron reunións nos horarios que eran máis acaidos para as empresas e atendéronse as solicitudes de información individuais nos propios establecementos. Tamén se valorou que le logrou sensibilizar ós pequenos empresarios da necesidade de coidar a estética urbana tanto nas terrazas de hostalería, na cartelería dos negocios e na atención ás fachadas.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova