Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado no Concello de Lugo o V Torneo Polvorín


# Mércores, 16/06/2010
A fase final será o 19, 20 e 21 de xuño

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto á presidenta do SDeC Polvorín, Carmen Télez, e o organizador do evento, Julián Castaño, o V Torneo de Polvorín de Fútbol Base.

A fase final desta competición celebrarase os días 19, 20 e 21 de xuño no campo municipal do Polvorín.  O  Concelleiro indicou que “se trata dunha boa oportunidade para gozar do fútbol dos máis cativos”, e engadiu que “ademais é unha oportunidade de incremento do consumo nos establecementos hostaleiros na zona, polo número de xogadores e afeccionados que se achegan aos arredores do campo”.

No torneo participan un total de 22 equipos galegos, nacionais e internacionais, nas categorías de alevín e benxamíns entre eles achéganse rapaces de Ourense, León, Nigrán, Madrid, Santander, Valladolid , Lisboa ou Porto,  e está previsto un éxito de participación e de público.

Serán máis de 500 rapaces os que participen nesta competición 600 rapaces, uns 200 na fase final.

A fase previa tivo lugar a pasada fin de semana coa participación de todos os equipos da categoría sub12 e da categoría sub10, resultando finalistas ED Val Miñor (Nigrán, Pontevedra) nas dúas categorías, EF Viveiro (Viveiro) na categoría sub12 e Santa Lucía da Coruña.

www.sdcpolvorin.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova