Imprimir

OS MUSEOS MUNICIPAIS SERÁN GRATUÍTOS A SEMANA DO ARDE LUCUS


17/6/2010 A entrada será libre entre o 21 e o 27 de xuño

Os Museos do Concello de Lugo serán gratuítos a vindeira semana con motivo da festa do Arde Lucus.

Entre o 21 e o 27 de xuño todos os que o desexen poderán entrar de balde na Casa dos Mosaicos, na Sala de Exposicións Porta Miñá, no Centro de Interpretación da Muralla, e no Centro Arqueolóxico de San Roque .

O obxectivo do Goberno Local é que a cidadanía se achegue á cultura romana e á historia da cidade nestas datas previas á celebración da festa volve á cidade á época da súa fundación.

Rede de Museos Municipais

www.ardelucus.com