Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio con cinco empresas da cidade para promover o emprego dos participantes en Lugo Contigo II


# Xoves, 17/06/2010
Os participantes nesta edición realizarán as súas prácticas en Calfensa, Arenal, Maderas M. Villamor, Limpiezas Domiciliarias e Cruz Vermella

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asinou esta mañá un convenio de colaboración con cinco empresas da cidade no marco do programa Lugo Contigo II.

Trátase da segunda parte da segunda fase do programa de emprego dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o seu índice de desemprego.  

Os participantes nesta edición poderán realizar as súas prácticas en Calfensa, Arenal, Maderas M. Villamor, Limpiezas Domiciliarias e Cruz Vermella. O Concello xa está a seleccionar aos candidatos para participar neste programa. As persoas con algunha discapacidade terán preferencia á hora da adxudicación das prazas.

Trátase dun programa de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…

Fases anteriores
Un total de 42 persoas foron as beneficiarias da primeira fase da segunda edición deste proxecto que se desenvolveu nos meses de novembro e decembro de 2009. O obxectivo é levar a cabo itinerarios personalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, titorías e apoio personalizado. Os beneficiarios teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardinería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participan neste programa de emprego comprométense a contratar a un terzo dos participantes como mínimo.

Nesta fase os participantes realizaron prácticas nas seguintes empresas da cidade que no mes de novembro asinaron este acordo co Concello:

- Cruz Roja Española que acolleu a 9 persoas que traballaron no sector de auxiliar de axuda a domicilio e coidado.

- Urbaser S.A. que acolleu a 3 desempregados como operarios de residuos sólidos e urbanos.

- Limpiezas domiciliarias lucenses S.L. que contou con 3 participantes en prácticas.

- Calfensa Proyectos S.L. acolleu a 3 persoas que traballaron no sector da xardinería.


- Ingapan, S.L. contou con 10 participantes como operarios de produción e dependentes.

- Alalás S.L. acolleu a 3 persoas traballando como Xerocultores.

- Maderas Manuel Villamor, S.L. contou con 5 participantes como operarios de serrería.

- Arenal Perfumerías, S.L. acolleu a 3 persoas en prácticas como mozos/as de almacén.

Desde o Concello anímase aos empresarios da cidade a aproveitar as fórmulas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade, que van dende as bonificacións por contratación ata as subvencións para adaptacións e axustes no posto de traballo. As empresas tiñan o compromiso de contratar a un terzo dos participantes, unha cifra que foi superada ao atopar traballo 15 deles ( 6 homes e 9 mulleres).

BENEFICIARIOS FINAIS

CRITERIO PARTICIPACIÓN HOMES MULLERES TOTAL
PERSOAS CON DISCAPACIDADE 5 4 9
INMIGRANTES 2 0 2
DESEMPREGADO EN XERAL 6 25 31
TOTAL 13 29 42


Lugo Contigo I
Na anterior edición participaron un total de 54 persoas, 24 homes e 30 mulleres, dos que 28 foron contratados polas empresas nas que realizaron as súas prácticas.

Así entre as dúas edicións do programa serán un total de 141 as persoas que participaron e un mínimo de 54 serán contratados.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova