Imprimir

UN TOTAL DE 170 PERSOAS PARTICIPARON NO IMOS ANDANDO


17/6/2010 A marcha levou aos participantes pola Muralla e por varios museos da cidade

Un total de 170 persoas participaron esta tarde na marcha organizada polo Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade e da Concellería de Deportes coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

A nova edición do Imos Andando saíu do Atrio da Catedral ás 16:00 horas cun percorrido que levou aos participantes polo adarve da Muralla e no que visitaron o Museo Porta Miñá, o Centro de Artesanía, o Museo de San Roque para acabar nos xardíns da Deputación.

Ano tras ano esta actividade destinada aos maiores de 60 anos da cidade, conta cun maior número de participantes.