Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
23/01/22
NOTICIAS
Escucha esta página

Se clausura el VII Gobierno Municipal Infantil de la ciudad de Lugo


# Viernes, 18/06/2010
Los concejales y concejales de este gobierno presentaron sus conclusiones al Alcalde y varios miembros de la Corporación municipal

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O VII Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Na despedida desta Corporación estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo.

O Alcalde destacou o interese amosado polos Concelleiros infantís no tempo que exerceron o seu mandato e animounos a seguir traballando pola cidade.

López Orozco recolleu de mans do primeiro tenente de alcalde infantil o dossier coas conclusións acadadas polos nenos e nenas neste ano de Goberno, e prometeu “estudalas para levalas a cabo cos orzamentos municipais na medida do posible”.

O representante infantil agradeceu a posibilidade que lles brindou o Concello de Lugo de coñecer como funciona sistema democrático e o máximo órgano de representación da nosa cidade.
Os colexios participantes na iniciativa foron: Albeiros, Illa Verde, ASPNAIS, Quiroga Ballesteros, Menéndez Pelayo e Galén.

Os membros deste Goberno Infantil son:

Alcaldesa: Blanca Ameijide Montenegro (ASPNAIS)

Concelleiro de Urbanismo e 1º Tenente de Alcalde: Guillermo Bodelo Díaz (Colexio Illa Verde)

Concelleiro de Benestar Social e 2º Tenente de Alcalde: Daniel Jesús García Rodríguez (Colexio Galén)

Concelleira de Medio Ambiente: Marta Teixeiro Blanco (Colexio Albeiros)

Concelleiro de Cultura e Educación: Juan Atanes Conde (Colexio Quiroga Ballesteros)

Concelleira de Deportes: Uxía Betanzos Morán (Colexio Illa Verde)
Concelleiro de Tráfico e Protección da Comunidade: Alejandro Rey Lugilde (Colexio Albeiros)

Concelleira de Cidade Rural: Paula Portela Cabana (Colexio Menéndez Pelayo)

Concelleira de Desenvolvemento xuvenil: Elena Valín Villanueva (Colexio Galén)

CONCELLEIROS/AS

Iván López González (ASPNAIS)

Mouna Ben Abrada (Colexio Quiroga Ballesteros)

Juan Gabriel Céspedes Flores (Colexio Quiroga Ballesteros)

Erlinda Rábade Odeña (Colexio Quiroga Ballesteros)

Nerea García Rodríguez (Colexio Quiroga Ballesteros)

Carlos Franco Fonte (Colexio Galén)

Tomás Ignacio Ortiz (Colexio Menéndez Pelayo)

Brais Vázquez Vázquez (Colexio Menéndez Pelayo)

Yaiza Cabaleiro Fernández (Colexio Menéndez Pelayo)

Sebastián Castañido Duque (Colexio Menéndez Pelayo)

Santiago Rouco Paredes (Colexio Albeiros)

Alez López Méndez (Colexio Albeiros)

Andrea Blanco Pérez (Colexio Albeiros)

Alberto Lago Barreiro (Colexio Illa Verde)

Andrea Castro Corredoira (Colexio Illa Verde)



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva