Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata a Semana do Emprendemento cunha xornada sobre Europa e a creación de emprego


# Venres, 18/06/2010


Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou a xornada Europa na creación de emprego coa que rematan os actos programados na Semana do Emprendemento, celebrados dende o luns pola rede Mercurio.

No marco desta Semana tivo lugar este mércores a celebración do Día do Emprendemento 2010, que reuniu a case un cento de persoas nas sesións celebradas no CEI-NODUS.

Na inauguración dos actos desta xornada central interviu o Alcalde, José López Orozco, que salientou a necesidade de apostar, neste momento de incertidume económica “pola formación, o coñecemento e o exemplo das experiencias de empresarios que traballan contra vento e marea”. Neste termo, dixo o Alcalde, “necesítase espírito emprendedor”.

O Alcalde tamén eloxiou a colaboración de institucións e entidades na rede Mercurio, que permite desenvolver iniciativas deste tipo.

No mesmo acto interviron a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, a vicerreitora adxunta de infraestruturas da Universidade, Marta Miranda, e o coordinador de viveiros empresariais da Fundación CEL, Rodolfo Ojea.

Os actos da Semana do Emprendemento, que se celebrou baixo o lema “Emprende. Pon os teus soños a traballar” comezaron o luns cun almorzo de emprendedores na Fundación CEL. O martes houbo unha charla sobre aspectos xurídicos na creación de empresas de base tecnolóxica que se celebrou na Escola Politécnica Superior da USC. O mércores celebráronse os actos do Día do Emprendemento no CEI-NODUS, nos que participaron Segio Mejías e varios emprendedores lucenses de éxito. A programación continuou o xoves cun cine-forum sobre imaxe de marca persoal que organizou a Asociación de mulleres empresarias de Lugo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova