Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito do primeiro concerto de Murajazz no Lugo10


# Venres, 18/06/2010


O primeiro dos tres concertos programados por Lugo10 da Big Band Murajazz tivo un importante éxito de público e foi recollido nas redes sociais.

O primeiro dos tres concertos desta big band tivo lugar a pasada noite na praza Maior, diante da casa do Concello, onde se congregou numeroso público que disfrutou da música interpretada pola banda.

Tamén se puido seguir o concerto a través da redes sociais, como Facebook, nas que o equipo de Lugo10 compartiu en vivo algunhas imaxes e comentarios deste espectáculo. Recibíronse moitas mensaxes de usuarios que non puideran asistir e despois de outros moitos que si estiveron presentes e desfrutaron desta actuación.

Murajazz ten previsto ofrecer dous concertos máis na programación de Lugo10 que serán tamén na rúa e terán lugar no mes de xullo. Serán o día 20 de xullo na praza Anxo Fernández Gómez e o día 29 do mesmo mes na praza Maior, sempre que non o impidan as condicións climatolóxicas.


Enlaces coas redes sociais de Lugo10:

http://www.facebook.com/Lugo10

http://www.youtube.com/lugodiez

http://twitter.com/lugodiez

http://www.flickr.com/photos/lugodiez

Tamén se pode acceder a elas a través da web do Concello

www.lugo.es

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova