Imprimir

LUGO10 ABRE O CONCURSO ON-LINE PARA CONSEGUIR UNHA BOTELLA DE COCA-COLA DA EDICIÓN ESPECIAL DO DÉCIMO ANIVERSARIO DA MURALLA COMO PATRIMONIO MUNDIAL


21/6/2010 O concurso rematará o vindeiro venres 25 de xuño

A marca Lugo10 abre o concurso para conseguir unha botella da edición especial de Coca-Cola con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

A través da páxina web de Lugo10 en Facebook, e con motivo das festas de Arde Lucus, ábrese a participación nesta iniciativa.

O concurso consiste en que os usuarios inviten a todos os seus contactos a que se unan á páxina de Lugo 10. Se son capaces de conseguir que alomenos dez deles se unan en menos de 5 días, ata o próximo venres, momento no que finaliza o concurso, obterán unha botella de Coca-Cola edición especial "Muralla de Lugo".

Máis información sobre o concurso e as bases da promoción no seguinte enlace:

http://apps.facebook.com/diezlugodiez/

http://facebook.com/lugo10

www.lugo10.es