Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Local de Seguridade coordina o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade durante o Arde Lucus


# Martes, 22/06/2010
Haberá catro aparcamentos disuasorios con conexións ao transporte público

Imaxe Asociada

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Lugo reuniuse esta mañá co obxectivo de coordinar o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, afirmaron que o principal obxectivo do traballo en común é garantir a seguridade de toda a cidadanía para que disfruten da festa familiar sen ningunha preocupación.

O Alcalde agradeceu a colaboración de todos os corpos e forzas de seguridade e pediu aos lucenses e visitantes que “vivan a festa como hai que vivila, sen excesos, con sentido e disfrutando do mundo romano”.

Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno en Lugo, indicou que “a xente pode vir tranquila a Lugo, xa que é unha das cidades máis seguras de España, e partindo duns índices de criminalidade moi baixos foron diminuíndo nos primeiros meses do ano”.

O Alcalde indicou que se elaborou un Plan de Tráfico coa idea de ser o máis práctico e efectivo posible, cunha vixilancia maior naqueles puntos máis conflitivos como poden ser as entradas da cidade.

O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias os veciños e veciñas durante os días de festa polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.

As forzas de seguridade reforzarán a vixilancia naqueles espazos nos que se denote unha maior asistencia de persoas, que contarán coa presenza da Policía Nacional, Local e Protección Civil.
Os efectivos da Concellería de Protección da Comunidade regularán o tráfico por mor dos cortes puntuais que se poidan producir con motivo do desenvolvemento do programa das festas.
Unha dotación dos bombeiros de Lugo vixiará o parque de Rosalía de Castro o sábado pola noite pola celebración do espectáculo pirotécnico da Queima da Muralla a media noite.


Aparcadoiros disuasorios
Tal e como se realiza noutras ocasións o Concello disporá dunhas zonas de aparcadoiro para que os visitantes á nosa cidade, nestas datas, non teñan que desprazarse no seu turismo privado, podendo facelo no bus urbano. Así, disporán de aparcadoiros nas seguintes zonas con conexión de transporte urbano:

UBICACIÓN APARCAMENTO DISUASORIO LIÑAS TRANSPORTE URBANO (Venres tarde e sábado mañá) LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO (Sábado tarde e domingo todo o día)
CC As Termas ( Avda.Infanta Elena) Líña 9 e 9A 9E
Rúa Madanela e Campos Novos Liñas 1,1A,3A,7 e 10 3AE
Aparcamento superior do estadio Anxo Carro 6 6E
Aparcamento exterior CC Carrefour ( só domingo)   6E


Os horarios e percorridos detallados das liñas de transporte urbano pódense consultar a través da web municipal www.lugo.es

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova