Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO SUBVENCIONA CON 200.000 EUROS A 22 ASOCIACIÓN SOCIAIS


# Martes, 22/06/2010
O Alcalde asinou os convenios con representantes dos colectivos e anunciou que o Concello non diminuirá o gasto social

Imaxe Asociada

O Concello de Lugo financia con 200.000 euros a 22 asociacións sociais que traballan en distintos campos sociais.

O Alcalde, José López Orozco, asinou esta mañá os convenios con representantes destes colectivos. Ó acto tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

O Alcalde salientou que estas asociacións realizan “un traballo esencial nunha cidade que quere ser democrática” xa que “todas as persoas temos os mesmos dereitos e os mesmos deberes” e o seu labor “ fundamental para lograr o obxectivo da plena igualdade de dereitos”. O Alcalde indicou que “é importante dicirlle á sociedade de Lugo onde se destina o seu diñeiro” e explicou que os convenios asinados hoxe son “só en subvencións nominativos porque tamén facemos investimentos en axuda no fogar, á dependencia e actividades nos centros cívicos”.

Ademais López Orozco avanzou que o seu obxectivo para os orzamentos do Concello do ano que vén é “non diminuír o gasto social porque estamos convencidos de que é importantísimo o capítulo dous, sobre todo no relativo ó gasto que facemos nas persoas”.

As entidades que se benefician destas subvencións nominativas son a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais ALUME, para o seu programa de aloxamento de enfermos mentais; a Asemblea Provincial da Cruz Vermella Española, para o programa de acollida a inmigrantes e emigrantes retornados; Síndrome de Down, para financiar gastos do programa de autonomía persoal; a Fundación Monte do Gozo, para apoio ós pisos de drogodependentes; a Asociación Lucense de Xordos ASORLU para intérpretes da linguaxe de signos; a Fundación Preescolar na Casa, para atención a nenos de 0 a 3 anos sobre todo do medio rural; a Confederación Galega de Minusválidos COGAMI, con destino o seu programa de autonomía e inserción laboral; a Asociación Española contra o Cancro, para atención a doentes de cancro de larinxe; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo, para o seu centro de estimulación cognitiva; a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, para a súa programación, ASPNAIS, para o campamento para nenos; Acción Lucense de Xordos ALUSOR para financiar intérpretes da linguaxe de signos, AUXILIA, para eliminación de barreiras arquitectónicas, ASPACE para o seu local e aula de comunicación, Asociación de Fibromialxia de Lugo ALUFI para actividades dos afectados por esta enfermidade; Asociación de Dano Cerebral Adquiricido Sobrevido ADACE Lugo, para atención terapéutica; Asociación ALAR Galicia para inserción e integración de nenos; Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, para o programa vacacións en paz; Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia FEAFES, para inserción laboral de enfermos mentais; Cáritas Diocesana de Lugo, para a súa programación deste ano; ALCER-Lugo, para actividades de exercicio físico dos transplantados, e Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade COGAMI-Lugo, para información, orientación e asesoramento.

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova