Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo avanza no proxecto de remodelación da Praza do Cantiño englobado no Plan Urban


# Mércores, 23/06/2010
A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación provisional da adquisición dun baixo e espazo libre para executar a remodelación da Praza

Imaxe Asociada
O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación provisional á empresa Viñas & Prieto Proyectos y Urbanismo SL para a adquisición dun baixo e espazo libre para executar a remodelación da Praza do Cantiño e a súa conexión co paseo da Muralla. O orzamento para esta actuación, englobada no Plan Urban, é de 91.002 euros.

O Concello de Lugo está executando o Proxecto Urban coa cofinanciación do 70% da Unión Europea co obxectivo do desenvolvemento integrado do centro histórico da cidade no seu ámbito coincidente coa área PEPRI.

O eixo de intervención destinado ao medio ambiente urbano e redución e tratamento de residuos contempla a reurbanización e recuperación de espazos públicos entre os que se atopan actuacións en zonas do denominado paseo interior da muralla. Isto leva consigo compras de terreos para sanear e recuperar áreas degradadas ou crear novos espazos libres. Dentro destas intervencións recóllese, como unha acción singular, a remodelación da Praza do Cantiño e a apertura a través da casa colindante do paseo da Muralla.

Segundo explicou o Concelleiro, esta actuación permitirá avanzar na apertura do paseo interior da Muralla, entre a Porta de San Pedro e a Porta da Estación. Para isto é necesaria a rehabilitación do local por parte da propiedade que contará cun prazo de 4 meses para realizar as obras oportunas. Unha vez acometida esta actuación o Concello poderá executar a obra de mellora da praza que neste momento está xa en tramitación.

Por outra banda, a Xunta de Goberno propuxo a prórroga do contrato administrativo asinado coa empresa adxudicataria da prestación do servizo de limpeza de colexios públicos e outras dependencias municipais por un período de tres meses contados dende o 27 de xuño de 2010 ou ben ata a adxudicación do novo contrato. Este contrato está asinado coa mercantil Limpezas Domiciliarias Lucenses SL, e contará cun orzamento de 305.038 euros, sendo o custo mensual de 101.679 euros.

Nesta xuntanza aprobáronse ademais dez licenzas de obra e dous nomeamentos (dun psicólogo e dun técnico de asesoramento a emprendedores) dentro da plantilla de persoal do Concello.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova