Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo tramitou 348 solicitudes para a realización de fogueiras na noite de San Xoán


# Mércores, 23/06/2010
A Concellería de Protección da Comunidade establecerá un dispositivo especial co obxectivo de evitar incidentes

A Policía Local do Concello de Lugo tramitou un total de 348 solicitudes de permiso para a realización de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, tanto no centro urbán como na zona rural.

Coa celebración desta festa o Alcalde, José López Orozco, fixo público un bando para facer saber as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras:

1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

2ª.- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

3ª.- O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deberán retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

4ª.- En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira.

5ª.- As solicitudes para obter o permiso para a queima faranse nos impresos que están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local.

Para o control e o seguimento da aplicación deste bando a área de Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, establecerá un dispositivo (formado por Bombeiros, Protección Civil e Policía Local) co obxecto de evitar incidentes e danos ás persoas, bens patrimoniais e medio ambiente.

Este dispositivo comprobará os riscos das fogueiras nas horas antes ao inicio da súa queima. Ademais comprobarán o subministro de auga da rede municipal e instalaranse vallas de protección e tendido de mangueiras preventivamente. Durante a queima visitarán as fogueiras por se fora necesaria a intervención dos servizos de extinción e posteriormente para comprobar que están totalmente sofocadas.

Visitas da Corporación
Varios membros da Corporación municipal disfrutatrán esta noite cos veciños e veciñas da cidade. Ás 21:00 horas o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Servizos Xerais e o Concelleiro de Infraestruturas, acudirán á fogueira organizada polos veciños e veciñas do barrio da Estación.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, a Delegada de Urbanismo, María Novo, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asisten á Festa do Vecerro na Piringalla.

Pola súa banda, os Concelleiros de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, percorrerán algunhas das fogueiras da zona rural.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova