Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello comeza a súa campaña de recomendacións sanitarias contra a calor


# Xoves, 24/06/2010
Inclúense consellos para adoptar na casa e na rúa

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, fai pública unha serie de recomendacións sanitarias contra a calor pola entrada na estación do verán.

Os consellos inclúen unha serie de medidas a ter en conta para poder defenderse contra a calor tanto na rúa como na casa.

Na casa:
- Se vive só mantéñase en contacto cos seus familiares e amigos.
- Evitar as comidas pesadas, con moito condimento ou moi quentes.
- Levar roupa fresca (de algodón, frouxa, de cores claras).
- Evitar actividades esgotadoras nas horas centrais do día.
- As habitacións da casa deben dispor de persianas ou toldos nas ventás ou balcóns.
- A neveira debe estar en perfecto estado.
- Coñeza os lugares refrixerados preto do seu domicilio.
- Evita-lo alcohol.

Na rúa:
- Protéxase da calor
- Refrésquese
- Beba líquidos e coma con frecuencia
- Pida información e consello no seu centro de saúde
- Pida axuda aos demais se o necesita
- Non deixe nunca aos nenos nin persoas maiores, nin persoas con discapacidade dentro dos coches.
- Procurar non saír á rúa nas horas centrais do día
- Levar protexida a cabeza cunha gorra.
- Usar anteollos axeitados con protección UV.
- Poñerse á sombra cando se está na rúa.
- Levar roupa fresca para evitar expoñe-la pel ao sol
- Buscar sitios climatizados para estar un rato.
- Evitar o coche nas horas de máis calor.

Información sobre que é un golpe de calor:
- A pel está quente, enroxecida e seca (sen suor).
- A temperatura do corpo sube.
- Dor de cabeza, náuseas, somnolencia e sede intensa.
- Confusión, convulsións e pérdida de consciencia.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova