Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A noite de San Xoán discorreu sen incidencias en Lugo


# Xoves, 24/06/2010
A Concellería de Protección da Comunidade estableceu un dispositivo especial que traballou ao longo da noite

A Noite de San Xoán na cidade contou cun número bastante elevado de fogueiras, a Policía Local do Concello de Lugo tramitou un total de 348 solicitudes tanto no centro urbán como na zona rural, pero isto non impediu que a celebración tivera lugar con total normalidade.

O dispositivo organizado pola Concellería de Protección da Comunidade estivo a traballar ao longo da noite realizando labores de control e seguimento co obxectivo de evitar posibles incidentes e danos ás persoas, bens patrimoniais e medio ambiente.

Bombeiros, Protección Civil, e Policía Local comprobaron os riscos das fogueiras nas horas antes ao inicio da queima, e durante a mesma visitarán as fogueiras por se fora necesaria a súa intervención.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova