Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO E A DEPUTACIÓN ORGANIZAN ACTIVIDADES LÚDICO-MEDIOAMBIENTAIS NO MIÑO CON LUGO10


# Xoves, 24/06/2010
Aberta a inscrición no 982-120-064. Máis información: www.lugo.es, www.lugo10.es, www.deputacionlugo.org e no teléfono 010

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Orozco e Besteiro presentan Lugoteando, unha programación para toda a familia con espectaculares deportes, wakeboard para surfear o río, buceo, bolas xigantes para camiñar pola auga, rutas chill-out en catamarán e mesmo cenas románticas nos Robles

Aberta a inscrición no 982-120-064. Máis información: www.lugo.es, www.lugo10.es, www.deputacionlugo.org e no teléfono 010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron este xoves Lugoteando, unha novidosa programación de actividades lúdico-medioambientais nunca vistas na provincia dirixida a toda a familia. A iniciativa, que se desenvolverá dende 5 ó 22 de xullo e cuxo prezo é de 5 euros por persoa, enmárcase na programación de Lugo10 aproveitando deste xeito a promoción do 10º aniversario da Muralla para a posta en valor do patrimonio natural.

Lugoteando inclúe actividades para todas as idades. Deste xeito, organizaranse grupos de 8 persoas que poderán realizar ata 4 actividades en cada quenda, redescubrindo unha nova faciana do río Miño ata o de agora descoñecida.

Os nenos de entre 7 en 11 anos poderán practicar o equilibrio camiñando sobre a auga dentro das bolas acuáticas ou a cabalo das bananas acuáticas, mergullarse como os golfiños cos sea-Scooter; redescubrir a ribeira do río con rutas dirixidas por expertos en bioloxía; así coma outros divertidos xogos infantís na auga.

Os maiores de 11 anos e os adultos terán ademais: paddle-sur, un completo exercicio que tonifica todos os músculos do corpo ó navegar a bordo de táboas de surf a remo; wakeboard, unha combinación entre esquí acuático e snowboard que consiste en deslizarse sobre unha táboa, facendo saltos e acrobacias; bautizo ó mergullo, mediante o cal se ofrecen clases prácticas e coñecementos teóricos sobre o buceo.

O Alcalde, José López Orozco destacou a colaboración da Deputación provincial co programa de actividades Lugo10, que conmemora o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial. Tamén dixo que “a nosa cidade ten dous anillos que marcan o desenvolvemento de Lugo. Por un lado, o histórico cos máis de 2 quilómetros de Muralla que rodean o centro de Lugo, e por outro o do río. Con Lugo10 estamos poñendo en valor e promocionando ó exterior o máis valioso da capital, xa só por iso, este programa valeu a pena”.

Gómez Besteiro salientou que “ó igual que reivindicamos que Lugo ten mar, con esta programación apostamos por redescubrir o río Miño. Deste xeito, ó tempo que poñemos en valor o Monumento co que todos os lucenses nos identificamos, impulsamos o segundo patrimonio lucense logo do histórico: o medioambiental. O que queremos é achegar a xente ó río, integralo na vida da cidade... En definitiva, vivir o río”. O Presidente tamén lembrou que con Lugoteando a Deputación cumpre con todos os compromisos adquiridos durante 10º aniversario da Muralla: a celebración da I Gala Muralla Moda; a presentación do Barco Muralla de Lugo, e o I Concurso Nacional de Curtas de Maquetas.


Na presentación, que tivo lugar na área recreativa dos Robles durante un almorzo deportivo, os asistentes puideron presenciar xa espectaculares exhibicións como a de wakeboard que ofreceu Andrés Atalaya, competidor europeo que acaba de chegar de Filipinas, país onde adestra durante todo o inverno.

Ligoteando

A programación inclúe ademais, os días 9 e 16 de xullo, a modalidade Ligoteando formada por paseos en catamarán amenizados por dj´s con música chill out, e unha cea romántica no restaurante dos Robles na que se poderá degustar: crepes recheos de marisco, croquetas caseiras de marisco envoltas en filloas, ensalada de verán, brocheta de carne a grella co patacas, tellas con xeada, máis viño e café. O prezo é de 25 euros por persoa que se deberán abonar previamente no número de conta do establecemento: Caixa de Pensións 2100-4206-86-2200027601.

Inscrición e horario

Desde hoxe está aberta a inscrición no número de teléfono: 982-120-064 dende ás 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 ás 20:00. O pago das actividades efectuarase previamente na seguinte conta: Banesto 0030-7060-30-0298064273, agás o da cena que se realizará no número citado anteriormente. Para máis información: www.lugo.es, www.lugo10.es, www.deputacionlugo.org ou no teléfono de información municipal 010. No caso dos menores de idade, terán que traer unha autorización asinada dos pais ou titores que poden descargar nas webs.

www.lugo10.es

www.deputacionlugo.org

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova