Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu a insignia de ouro da USC pola súa contribución e apoio á institución académica


# Xoves, 24/06/2010
O reitor da Universidade foi o encargado de entregarlle a distinción

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a insignia de Ouro da USC de man do reitor en funcións, Senén Barro. Neste acto estiveron presentes membros da Corporación Municipal e varias autoridades académicas.

A institución quixo homenaxear ao rexedor lucense pola súa contribución e apoio ao desenvolvemento do Campus de Lugo.

O reitor explicou que esta insignia é unha das honras coas que a USC homenaxea a persoas que sobresaen pola súa entrega á Universidade. Barro indicou que “temos unha gran universidade detrás, pero esta non se move soamente polo seu esforzo senón que necesita da colaboración de institucións, entidades e empresas”, e engadiu, “neste senso é importante que nos concellos onde estamos presentes a cidade sexa cómplice da universidade xa que os principais receptores dela están na súa contorna”.

O reitor indicou que o ente académico está moi agradecido ao Concello de Lugo pola súa proximidade e por prestarse sempre a colaborar con eles en todo o que se lle propuxo. “Sempre houbo receptividade absoluta e empeño en corresponder”, e concluíu que “unha universidade como esta ten moito por andar, e non podería facelo sen o apoio do Concello”.

O Alcalde tivo unhas verbas de agradecemento para a USC, e asegurou que sen ela, Lugo non se houbera desenvolvido do mesmo xeito. “O futuro para o desenvolvemento sempre será ir da man do campus de Lugo, cambiarán as persoas pero non o espírito de colaboración”, indicou.

O rexedor indicou que recibe esta distinción “no nome do conxunto da Corporación Municipal e da cidadanía de Lugo, xa que todas as decisións relativas á universidade no Concello son tomadas por unanimidade”.

“Estamos orgullosos de ser unha universidade universitaria e temos que apostar por unha materia prima que nunca se esgota e que é o coñecemento”, manifestou López Orozco.

“O nosos compromiso vai a ser continuar atendendo as necesidades da USC, o contrario sería destruír unha peza angular para a cidade e a provincia”, concluíu.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova