Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O GOBERNO LOCAL CONSIDERA INVIABLE ECONÓMICA E TÉCNICAMENTE A CONSTRUCCIÓN DUN PARKING EN SAN MARCOS


# Xoves, 24/06/2010


A Comisión de Contas do Concello tratou hoxe sobre o estado do Plan Urban nunha reunión na que se explicou que a construción dun parking na rúa San Marcos, proposta polo Partido Popular, non podería facerse con fondos europeos porque “non está permitida a dobre financiación pública e privada”, segundo explicou a Concelleira de Economía e Emprego.

A Concellería de Economía explicou en rolda de prensa que para levar a cabo ese aparcamento “habería que facer unha nova licitación do proxecto”. Méndez manifestou que o PP nunca plantexou esa proposta “neste foro e tampouco o fixo no xurado do concurso de ideas para a peonalización de San Marcos do que foi membro Jaime Castiñeira”. Por este motivo, a Concelleira de Economía dixo que se trata “dunha proposta desleal plantexada a destempo para torpedear a actuación do Goberno local porque lles preocupa que a obra estea feita antes das eleccións”.

Sonia Méndez agarda que a obra “estea acabada o antes posible para evitarlles perxuizos ós comerciantes da zona” dos que destacou que se opoñen á construción do parking. Neste sentido indicou que “unha das prioridades do plan de obras é que poñer os mecanismos técnicos para que se poida acceder ós comercios durante o tempo que duren os traballos”.

Ademais, a responsable municipal de Economía e Emprego salientou que ese proxecto tería dificultades técnicas porque a entrada dende Santo Domingo a San Marcos é moi estreita. E sinalou tamén que “non é esa zona da cidade onde se necesitan máis prazas de estacionamento xa que hai seis aparcamentos de uso público, mentres non hai ningún parking na zona do Carmen”.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova