Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reforza o servizo de limpeza municipal durante a fin de semana do Arde Lucus


# Venres, 25/06/2010
A limpeza viaria e a recollida de residuos contará cunha atención especial nos días da festa

O Concello de Lugo reforzará durante a fin de semana, coincidindo coas festas do Arde Lucus, os servizos de limpeza viaria e recollida de residuos co obxectivo de que todos poidan disfrutar da celebración na cidade.

Limpeza viaria
- Tres varridos mixtos máis, dotados dunha varredora, un condutor e un peón.
- Catro baldeadoras das cales tres farán baldeos mixtos.
- Dous hidro-limpadoras das cales una traballase de mañá e outra de tarde.
- Un recolector para recollida do bolseo e restos producidos polas festas, durante a mañá.
- Unha mini-varredora de repaso, durante a mañá.
- Reforzo con sete peóns de varrido máis na zona centro. Tres deles dotados con sopladores.
- Reforzásense todas as zonas de varrido manual máis próximas ao centro e a zona da Milagrosa.
- Vixilancia e atención especial ao parque de Rosalía de Castro.
- Pola tarde refórzase tamén o varrido do centro con peóns e a hidro-limpadora mencionada antes para eliminar os posibles restos fecais dos cabalos.

Recollida de residuos
- O servizo de recollida nocturna reforzarase debido ao gran aumento de residuos no centro da cidade. O camión recolector de 22 m3 entrará no centro apoiando ao habitual recolector de 15 m3 .

- Como noutras festividades, os colectores do servizo quita e pon permanecerán na rúa até o domingo pola noite, sendo reforzado con máis colectores de festas nas zonas contiguas a bares, restaurantes, mercado...

www.ardelucus.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova