Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A OMIC fai públicas as súas recomendacións para a tempada de rebaixas de verán


# Martes, 29/06/2010
A campaña comeza o xoves 1 de xullo de 2010

O vindeiro xoves, día 1 de xullo, comeza en Lugo de xeito oficial, a segunda tempada de rebaixas do ano.

As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Minorista.

Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival. A duración das mesmas terán un máximo de dous meses e nos anuncios deberá especificarse a data de comezo e de finalización.

É imprescindible que o negocio en rebaixa faga figurar con claridade o prezo anterior xunto co prezo reducido. Os artígos obxecto da venda tiñan que estar antes á venda e durante un prazo mínimo dun mes. Ademais, está prohibido ofertar, como rebaixados, artigos deteriorados.

Por tanto, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Lugo recomenda aos cidadáns unha serie de medidas a ter en conta durante este período:

-Cando compre, esixa sempre o tique de caixa ou factura.

-Asegúrese de que a calidade do produto é igual á de antes das rebaixas.

-Dado que o etiquetado é a única referencia acerca da calidade, non compre produtos sen etiquetar ou que non detallen a súa composición na etiqueta.

-Comprobe, na medida do posible, que o prezo é realmente inferior ao anterior ás rebaixas.

-Recorde que os establecementos que acepten habitualmente tarxetas de crédito, están obrigados a aceptalas tamén durante as rebaixas, sempre e cando o comerciante non poña un cartel anunciando o contrario.

-Se advirte algunha irregularidade reclame ante os servizos de consumo locais ou autonómicos.

-E, sobre todo, antes de comprar, reflexione sobre a necesidade real que ten do produto.

Oficina Municipal de Información ao Consumidor: OMIC




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova