Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os funcionarios municipais formaranse en soportes informáticos para volcar o planeamento do Concello de Lugo no portal web


# Martes, 29/06/2010
Un total de 25 traballadores recibirán mañá formación no Cei-Nodus

Un total de 25 traballadores dos servizos do Concello de Urbanismo, Arquitectura e Licenzas, asisten mañá a un curso para o volcado do planeamento de Lugo na web municipal.

Os traballadores recibirán clases no CEI-Nodus entre as 9:30 e as 15:00 horas de especialistas da entidade pública empresarial red.es adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O obxectivo é que o persoal destes servizos aprendan a utilizar o programa que fará que o planeamento municipal sexa completamente accesible para os veciños e veciñas.

O proxecto que se está a levar a cabo permitirá volcar todo o planeamento en soporte informático para penduralo da web do Concello e que a cidadanía poida coñecer as características urbanísticas que teñen cada unha das parcelas da cidade.

Esta ferramenta servirá para axilizar o traballo dos técnicos municipais que poderán realizar máis facilmente os seus informes.

Ademais, o vindeiro xoves haberá outro curso para formar aos dez técnicos municipais que serán os encargados de actualizar a información de xeito continuo sen necesidade de investir máis cartos en contratacións externas.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova