Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e a Alcaldesa de Guitiriz presentaron a XVI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga


# Mércores, 30/06/2010
López Orozco será o encargado do pregón o vindeiro 4 de xullo

Imaxe Asociada

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación da XVI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga que terá lugar o vindeiro domingo 4 de xullo. Neste acto participou o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado da Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, a Concelleira de Turismo e Festas de Guitiriz, Francisca Espiñeira, e o representante da Comunidade de Montes de Parga, David Díaz Losada.

O Alcalde agradeceu aos organizadores que pensaran nel como pregoeiro da festa e indicou que intentará “resaltar todo o encanto que ten Parga de pedra e Guitiriz de auga”. A lectura do pregón terá lugar ás 13.30 horas .

A Alcaldesa de Guitiriz indicou que “ é unha feira un tanto especial e conseguimos cambiala un pouco nos últimos anos”, e engadiu “presumimos de que Parga é diferente”.

O programa da festa desenvolverase ao longo de todo o día desde as 10:00 ás 00:00 horas, cun bo número de actividades: como talleres de encaixe, exposicións de coches antigos, venda de callos, venda de polbo, o certame de cantería, obradoiros para nenos, espectáculo ecuestre e a actuación da orquestra La oca.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova