Mañá, 1 de xullo sairán publicadas no taboleiro de edictos e na web do Concello as listas definitivas dos nenos e nenas admitidos nas escolas infantís municipais de Serra de Outes e Gregorio Sanz para o curso 2010/11.
O prazo para formalizar a matrícula será de 10 días a partir de mañá nos mesmos centros educativos.
A documentación que deberán aportar para formalizar a matrícula é a seguinte:
- 2 fotografías tamaño carnet do neno ou nena
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena pólas dúas caras
- Certificado médico do neno ou nena
- Documento orixinal da domiciliación bancaria para o pago dos recibos pola utilización do servizo municipal da escola infantil onde apareza titular e número de conta, exceptuándose da obriga de presentar este documento os nenos e nenas que sexan becarios.
No caso de que esta documentación non fora presentada dentro do prazo e lugar indicados, terase por decaída a solicitude de praza.