Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A EMPRESA MONBÚS APOIA O PROGRAMA LUGO10


# Mércores, 30/06/2010
Autobuses de Monbús rotulados ca Muralla difundirán Lugo10 nas súas rotas por España e o estranxeiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo e a empresa Monbús asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que o grupo de transporte de viaxeiros súmase ó patrocinio do programa Lugo10 que conmemora o décimo aniversario do recoñecemento da Muralla como Patrimonio Mundial.

A empresa Monbús comprométese a difundir a imaxe de Lugo na súa flota de autobuses. Para elo vai rotular varios autobuses coa Muralla e o logotipo de Lugo10. Dous deles, que xa están circulando, foron presentados hoxe polo Alcalde, José López Orozco, e o Administrador de Monbús, Raúl López. O primeiro dos autobuses xa levou a imaxe de Lugo ata Alemaña.


Trala sinatura do convenio, o Alcalde, José López Orozco, agradeceu “o comportamento da empresa Monbús pola promoción que fai da Muralla e de Lugo 10, nos autobuses que van circular polas estradas de Galicia, España e Europa”. O Alcalde destacou a importancia “de dar a coñecer a cidade fóra” e sinalou que “está moi claro que a empresa é de Lugo e non olvida a nosa cidade”.

O Administrador da empresa, Raúl López, asegurou que para Monbús “non é un esforzo senón un orgullo” participar nesta iniciativa e sinalou que “Lugo se ten que felicitar de que a Muralla teña sido declarada Patrimonio Mundial”. Raúl López indicou tamén que a súa empresa “fai millóns de quilómetros por toda Europa” e “ao redor de 20 millóns de viaxeiros cada ano que, cando lles vendamos o billete, levarán nel a Lugo10”, ademais de poñer un enlace permanente de www.lugo10.es na web de Monbus.


En virtude deste convenio, a empresa de transporte de viaxeiros asume os seguintes compromisos:

- rotulación completa de cada autobús (Iaterais, traseira e frontal) con deseño proposto
- rotulación traseira de cada autobús, con deseño proposto
- espacio publicitario contratado por 6 meses:
· 10 coches rotulación completa que circularán por Galicia
· 10 coches rotulación traseira que circularán por Galicia
· 6 coches rotulación traseira que circularán por Cataluña
· 4 coches rotulación traseira que circularán por Levante
· 4 coches rotulación traseira que circularán polo estranxeiro
- servizo discrecional: desprazamentos organizados polo Concello de Lugo dentro do programa Lugo10
- servizo de coches de aluguer se fose preciso para o correcto desenvolvemento do programa Lugo10
- edición especial Lugo10 de billetes en papel térmico para taquilla e autobús:
. 3000 rollos de 60 mm
. 3000 rollos de 80 mm
- edición especial Lugo 10 de billetes electrónicos (espazo publicitario) pm
- en webs do grupo: inclusión dun link permanente á web www.lugo10.es


O custe para a empresa destas accións de apoio a Lugo10 estímase en 60.000 euros.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova