Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO FAILLE FRONTE A SÚA OBLIGACIÓN COS PROVEEDORES APROBANDO O RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO


# Xoves, 01/07/2010
As facturas aprobadas no Pleno do luns son o 0,02% das que tramitou o Concello e representan o 0,5% do orzamento da institución

O pleno do Concello aprobou sen ningún voto en contra o recoñecemento extraxudicial de crédito en cumplimento coa legalidade: para poñerse ó día de todos os pagos e todas as facturas aprobadas, que, por suposto, teñen os informes preceptivos e dispoñen de crédito.

Estas facturas representan o 0,02% do número total das 8.157 facturas tramitadas en 2009 polo Concello. Respecto a súa contía, supoñen o 0,5% do orzamento. Todos son contratos menores pola súa contía. Se comparamos estas porcentaxes coas do chamado fondo de continxencia da Administración do Estado ou da Xunta, que é do 2%, queda demostrada a boa xestión do Goberno local, en contra do que asegura o Partido Popular, que persiste no seu afán de falsear a realidade para tentar desacreditar ó Equipo de Goberno.

As facturas que aprobou o pleno son consecuencia de defectos formais na tramitación, ben pola remisión tardía e extemporánea das facturas por parte dos proveedores ou pola dificultade que entraña a tramitación dun volume de gasto e actuacións como o que ten a institución.

Case todas as facturas aprobadas no pleno do luns son de finais de 2009 e non se pagaron co presuposto dese ano porque foron rexistradas despois. Hai facturas de farmacia, nas que é necesario que a médico comprobe os gastos un por un, outras son da SGAE, de reparacións urxentes e algunhas de publicidade nos medios de comunicación para a difusión de actividades municipais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova