Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ALCALDE CLAUSURA O PROGRAMA DE ALTA FORMACIÓN PARA XESTORES DE EMPRESAS DA CADEA AGROALIMENTARIA ORGANIZADO POLO CETAL


# Xoves, 01/07/2010


Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, clausurou hoxe o Programa de Alta Formación para Xestores de Empresas da Cadea Agroalimentaria organizado polo Cetal. Na súa intervención, o Alcalde resaltou a importancia da continuidade na formación dos profesionais deste eido e da súa especialización “xa que se enfrontan a un morcado globalizado e moi competitivo”.

O Alcalde tamén eloxiou o labor do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo do que dixo que “continúa a senda para converterse nun centro de referencia non só na provincia, senon en Galicia e España”.

Preto de 40 responsables e directivos de empresas do sector agroalimentario de Galicia, e algún achegado dende León, recibiron hoxe, da man de profesionais de ICE COACHING EJECUTIVO, a metodoloxía e as ferramentas para aplicar este “adestramento executivo” ás grandes empresas, ás pemes e aos profesionais.
Esta é a primeira fase dun programa do Ministerio de Ambiente, Medio Rural e Mariño, posto en marcha xa por cuarta edición, que consta dunha iniciación ao coaching executivo (na xornada de hoxe); dun curso especializado en habilidades directivas e liderado, que se impartirá tanto en Galicia, neste caso en Lugo, coma nas outras dúas Comunidades Autónomas que participan, Madrid e Navarra; e por último, e segundo a demanda, dun curso individual de coaching executivo, na que os asistentes terán a oportunidade de participar nun proceso de coaching e desenvolvemento individual (PDI).
O director do Cetal, Eduardo Vidal, asegurou ao inicio deste Programa, que “a innovación nunha empresa e o seu crecemento están ligadas enormemente ao exercicio do liderado e da comunicación dos seus responsables. O desenvolvemento da comunicación interpersonal; da orientación clara de plans específicos; e a xeración de confianza dentro dunha empresa farán que sexa quen de competir nos mercados internacionais con maior forza e con máis recursos de superviviencia. Este programa pretende que os mandos das industrias agroalimentarias aproveiten as súas habilidades, como xestores, ao máximo para aumentar con elas a operatividade e a rendibilidade das mesmas”. O director do CETAL fixo fincapé en que “o Ministerio de Medio Ambiente, con iniciativas deste tipo, aporta formación especializada ás pemes e aos profesionais do sector agroalimentario para axudalos nesa ruta ao éxito dentro dun mercado global tan competitivo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova