Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aforrou un 45% nos gastos das Festas de San Froilán 2009


# Xoves, 01/07/2010
Estase a estudar a posible unificación do son no recinto feiral para reducir a contaminación acústica

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, deu conta dos asuntos tratados na Comisión de Festas celebrada na tarde de onte.

Nesta comisión presentáronse as contas das festas do ano anterior que contaron cuns ingresos de 591.000 euros e uns gastos de 900.000 euros. A Concelleira explicou que os resultados netos destas contas supoñen un cargo de 309.000 euros, dos que 224.700 son a cargo de Cultura, o resto corresponden a outras áreas municipais.

Mundiña afirmou que estas contas, comparadas coas do ano anterior (2008) supoñen un 45% menos de gasto para o Concello que fixo un enorme esforzo de aforro, ainda que non revertiu nun menor éxito e calidade da festa. A Concelleira explicou que este ano “seguiremos na mesma liña de aforro debido á situaión económica actual”.

Mundiña indicou que ao igual que o ano pasado acordouse establecer un sistema de iluminación con bombillas de baixo consumo.

Outro dos puntos acordados foi o de convocar un concurso para que sexa unha empresa a encargada de levar todos os traballos de producción (xestión e montaxe de infraestruturas). A Concelleira indicou que esto traduciríase nun aforro económico pero tamén do traballo administrativo. Os pliegos deste concurso estarán listos, previsiblemente, a vindeira semana. Este contrato contará cun orzamento máximo de 127.000 euros, iuncluíndo a seguridade.

Son no feiral
A principal novidade valorada para a vindeira edición das festas será a unificación do son no recinto feiral. A idea que está sendo valorada pola súa viabilidade, segundo indicou Mundiña, pretende unificar a música de todos os establecementos do recinto feiral para crear unha banda sonora única que permita minorizar a contaminación acústica e as molestias aos veciños e veciñas da zona.

Por outra banda, a Comisión comezou a barallar tamén os nomes para a tradicional apertura das portas da Muralla, e posiblemente sexan persoeiros relacionados cos diferentes Camiños de Santiago ao ser este ano Xacobeo. Ademais, en canto á oferente a Rosalía falouse da posibilidade de que sexa unha estudosa da figura da escritora.

A Concelleira non adiantou ningunha das actuacións que se están a negociar, pero indicou que algúns dos acordos con artistas están xa moi avanzados, polo que en pouco tempo daranse a coñecer algúnhas pinceladas do cartel musical deste ano.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova