O ALCALDE VISITA ÓS PARTICIPANTES NOS CURSOS DE LUGO EMPREGO ACTIVO
# Xoves, 01/07/2010
O Alcalde, José López Orozco, visitou hoxe ós participantes nos cursos Lugo Emprego Activo que se imparten no Espazo Lab.
Este programa para a inserción laboral de persoas desempregadas é cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que aporta o 80% do investimento, e polo Concello que, segundo destacou o Alcalde “fai o esforzo de contribuir co 20% restante pola importancia que lle dá o Goberno local a axudar a que poidan atopar traballo os veciños que están no paro, aínda que esta non é unha competencia municipal”.
Neste programa de mellora da empleabilidade participan 300 persoas que reciben formación a través de itinerarios persoanalizados de inserción en distintas profesións demandadas polo mercado laboral.
Dende que comezou o programa, no ano 2009, e ata que remate, no 2011, son vinte os itinerarios de inserción. As accións formativas que se están impartindo neste momento son dez:
- Cuidador/a de personas discapacitadas físicas y psíquicas
- Atención especializada para personas enfermas de alzheimer
- Agentes de desarrollo de la comunidad discapacitada
- Técnico/a en transporte sanitario
- Monitor(a de educación ambiental
- Técnico/a de sistemas de enerxías renovables
- Mantenimiento de aire acondicionado y fluidos
- Operador/a de estaciuones depuradoras de aguas residuales
- Operario/a de redes y centros de distribución de energía eléctrica
- Técnico/a en recuperación de espacios degradados
Ademáis, os participantes nestes cursos reciben reciben formación en matarias transversais como medio ambiente, igualdade, loita contra a exclusión social e todo tipo de discriminacións, novas tecnoloxías, habilidades sociais , hábitos laborales e búsqueda de emprego.
Durante todo o proceso realizase orientación e intermediación laboral para axudar na búsqueda de emprego.
Compartir: