Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A programación de verán da Concellería de Educación estará protagonizada polo xadrez e a lectura


# Xoves, 01/07/2010
O obxectivo é ofrecer unha alternativa de ocio educativo

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza, un ano máis en colaboración con El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum, unha programación de actividades de verán protagonizado polo xadrez e a lectura. 

As actividades encádranse nos programas “Verán Lúdico” e “Viaxe pola historia do xadrez” que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo para pequenos e maiores. 

O programa de “Verán Lúdico” desenvolverase na piscina de verán municipal de luns a venres, en horario de luns, mércore e vernes de 16:00 a 19:00 horas e martes e xoves de 16 a 18:30 horas, ata o 31 de agosto. As actividades, que van destinadas aos usuarios da piscina e son gratuítas, comprenden unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa. 

Deste xeito, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas ao parchís, catro en raia….

A “Viaxe pola historia do xadrez” é un programa que xa se desenvolveu o ano pasado e acadou un gran éxito de participación. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas. 

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, a Praza Maior acolle partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante. Mentres, os martes de 19:00 a 21:00 horas, percorrerá distintos barrios da cidade co seguinte horario:

XULLO:
6 Praza Castiñeiro
13 Praza do Seminario
20 Praza da Milagrosa
27 Centro Cultural Sagrado Corazón

AGOSTO
3 Praza Castiñeiro
10 Praza do Seminario
17 Praza da Milagrosa
24 Centro Cultural Sagrado Corazón
31 Praza Maior


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova