Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

RECEPCIÓN NO CONCELLO ÓS PARTICIPANTES NA ASAMBLEA DA IRMANDADE XURÍDICA GALEGA


# Luns, 05/07/2010


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo ofreceulles unha recepción esta tarde ós participantes na asamblea que celebra na nosa cidade a Irmandade Xurídica Galega.

O acto celebrouse no salón de plenos e presidiuno a Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, que estivo acompañada polo Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Besteiro.

Na súa intervención, Sonia Méndez, destacou o labor da Irmandade Xurídica Galega para conseguir a normalización do galego nos mundos xurídico e administrativo. Tamén lembrou o que fora decano do Colexio de Avogados de Lugo Pedro González López, ó que lle rendeu homenaxe a Irmandade Xurídica Galega que esta tarde descobriu unha placa conmemorativa na rúa que leva o nome deste avogado.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova