Imprimir

CONCHA BUIKA ACTUARÁ NO SAN FROILÁN 2010


5/7/2010

A cantante Concha Buika será un dos platos fortes do San Froilán 2010, segundo informou a Concellería de Cultura, que dirixe Nuria Mundiña.


Concha Buika actuará en Lugo o día 5 de outubre. A Concellería de Cultura tamén ten pechados os concertos dos grupos Mastretta, que será o día 10 de outubro; Batital o día 3 de outubro; e Brath, o día 11. Ademáis ten previsto a actuación de Los Gofiones, o día 7 de outubro.

Todos os concertos celebraranse na praza de Santa María.