Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO CHEGA A UN ACORDO CON FOMENTO E A XUNTA PARA CONSTRUIR A ESTACIÓN INTERMODAL


# Luns, 05/07/2010
O Alcalde destaca a importancia deste acordo que se asinará este mes en Lugo

Imaxe Asociada
López Orozco anuncia que a primeiros de agosto convocarase o concurso de ideas para este proxecto


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe o acordo que acadaron o Concello, o Goberno e a Xunta para construir a Estación Intermodal.

“Creo que é unha noticia moi importante para a cidade e a provincia” dixo o Alcalde na rolda de prensa na que informou do acordo para a construcción das novas estacións do tren e de autobuses nos terreos que ocupa a actual estación do ferrocarril.

López Orozco considera que se trata “dun acordo moi importante que dá un paso máis para a integración do AVE na cidade e que mostra a vontade das partes para que a estación intermodal sexa unha realidade”.

O acordo produciuse nunha reunión que mantiveron en Madrid o Alcalde e a Delegada de Urbanismo, María Novo, con altos cargos da Dirección xeral de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento, do Adif e da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio.

O Ministerio de Fomento comprométese a facer o proxecto da nova estación de ferrocarril para convertela en intermodal nos terreos que ocupa a actual estación do tren. Fomento tamén aportará o 50% dos custes urbanísticos que foran necesarios.

Respecto ó traslado da estación de autobuses, a construcción nese lugar da nova estación será asumida polo actual propietario da vella estación. Para o Concello a propiedade desas instalacións é da Xunta de Galicia porque os terreos fóronlle cedidos no ano 1974 ó Ministerio de Obras Públicas para construir a actual estación de autobuses. O acordo que tomou daquela o Pleno municipal estableceu dúas cláusulas: que a estación estivera construída en cinco anos e que se lle dera ese uso como mínimo durante trinta anos. O Concello considera que se cumpliron eses dous requisitos e, a maiores, a Xunta ten asentada ó su nome a propiedade deses terreos no Rexistro. Sen embargo, a Xunta ten algunhas dúbidas ó respecto, que deberán clarexar os asesores xurídicos das dúas institucións. En todo caso, para o Alcalde “este é un pequeno fleco que non impedirá seguir adiante co proxecto”. López Orozco indicou que “se non fora así, o Concello non ten inconvinte en pasarlle a propiedade deses 6.230 metros cadrados á Xunta co fin de que coas plusvalías que obteña poida construir a nova estación de autobuses onda a do tren para facer a estación intermodal”.

O acordo establece tamén que no lugar que ocupa agora a estación de autobuses deberá facerse unha parada intermedia para o transporte metropolitano, segundo revelou o Alcalde que considera “importante que haxa unha parada no centro para os autobuses que veñen doutros puntos da provincia”.

Pola súa parte, o Concello asume o compromiso de facer as modificacións precisas no PXOM para incluir as determinacións previstas no acordo e para facilitar o traslado da estación de autobuses.


Prazos

O Alcalde prevé que o acordo se asine a mediados deste mes na nosa cidade. Despois terano que aprobar tanto o Concello como a Xunta de Galicia e no mes de agosto convocarase un concurso de ideas co obxectivo de que se poida resolver no mes de outubro. Unha vez elexida a mellor idea farase o proxecto contrutivo das novas estacións do tren e autobuses e despois licitaranse as obras.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova