Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO PRESENTA O EQUIPO DE SALVAMENTO QUE PRESTA SERVIZO NO RÍO MIÑO DURANTE O VERÁN


# Luns, 05/07/2010
Seis socorristas e dúas lanchas compoñen o dispositivo que presentou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Réxime Interior e Protección da Comunidade, José Rábade, presentou esta mañan nas beiras do Miño o dispositivo que velará, durante tres meses, velará pola seguridade dos cidadáns que se acheguen ao río para disfrutar do seu tempo de lecer.

O Concello contratou seis socorristas que se encargan do salvamento desque comezou este mes ata o 30 de setembro, segundo explicou o Concelleiro. José Rábade indicou que ademáis de “dar seguridade ós bañistas tamén estarán pendentes da conservación do Miño porque “o río é o ben máis prezado que temos xunto coa Muralla”. Por este motivo, o Concelleiro animou ós bañistas a desfrutar do río e a coidar del.

O equipo de salvamento está formado por seis socorristas que traballarán de luns a domingo en quendas rotativas dende as 08:25 as 21:30. Ademáis dos recursos humáns, este servizo conta con dúas lanchas neumáticas e un vehículo.

Os socorristas ocuparanse da vixilar a seguridade dos bañistas e usuarios das beiras do río e tamén comprobarán que o cauce do Miño se atope libre de árbores ou ramallos que poidan obstaculizar o caudal da auga cara a estación potabilizadora.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova