Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Cultura organiza en Lugo dous concertos do Festival Via Stellae 2010


# Martes, 06/07/2010


A Concellería de Cultura organiza en Lugo dous concertos do Festival Via Stellae en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Os concertos vanse celebrar os días 7 e 14 de xullo, no Círculo das Artes, ás 20.30 horas, con entrada libre ata completar o aforo.

No primeiro deles actuarán o octeto de viloncellos Chelicia e a soprano Carmen Gurriarán.

Chelicia naceu en 2005 froito da inquedanza de catro violoncellistas de diversas procedencias (un galego, unha inglesa, unha valenciá e un alemán) que teñen en común o seu traballo xuntos na orquestra compostelá Real Filharmonía de Galicia. E cinco anos despois, e no seo do Festival Via Stellae, presentan o primeiro octeto de violoncellos galego: a presentación dunha agrupación tan infrecuente como esta supón sen dúbida un momento importante no eido da música de cámara na nosa terra.

Baixo o título “Bachiana: danzas e violoncellos” o programa inclúe obras do compositor berziano Cristóbal Halffter (o seu Fandango para oito violoncellos baseado na célebre danza que no seu tempo, no século XVIII, musicou Antonio Soler), Georges Bizet (unha suite instrumental da súa ópera Carmen) e do brasileiro Heitor Villa-Lobos (as súas Bachianas brasileiras que serven de título ao programa deste concerto). Precisamente estas fermosas Bachianas brasileiras (a primeira e a quinta) contarán coa voz solista dunha cantante galega, a soprano Carmen Gurriarán.

O día 14 actuarán os noruegos Trondheim Soloists, unha das máis reputadas orquestras de cámara europeas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova