Imprimir

O CONCELLERÍA DE CULTURA TRAE A LUGO "HISTORIAS PEREGRINAS" DO GRUPO LAS HUELLAS DE LA BARRACA


6/7/2010

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe o espectáculo “Historias peregrinas” que representará en Lugo o grupo Las huellas de la Barraca, creado hai cinco anos para homenaxear á emblemática compañía de teatro de Federico García Lorca.

Las huellas de la Barraca actuará na nosa cidade o vindeiro venres. Vai representar unha obra do autor lucense Miguel Anxo Murado. “Historias peregrinas” trata dunha compañía burgalesa de cómicos que fai o Camiño de Santiago. Segundo explicou a Concelleira, a obra “ten momentos cómicos e de intriga que farán desfrutar desa noite de verán ó público que acuda vela”.

A representación terá lugar ás 22.00 na praza de Santa María.

Nuria Mundiña anunciou que a programación cultural para os próximos días inclúe tamén dous concertos do Festival Vía Stellae, que terán lugar no Círculo das Artes os mércores 7 e 14 de xullo, ás 20.30 horas, e o Certame de Pintura rápida, que será o domingo día 11.