Imprimir

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CON COCIÑAS LAREIRA PARA LUGO10


7/7/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Administrador Único de Lareira Eurococinas SA, Antoni Gordó, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a empresa Cociñas Lareira se suma ós patrocinadores do programa Lugo10.

Logo de asinar o convenio, o Alcalde agradeceu que “a pesar das dificultades do momento, Cociñas Lareira colabore con Lugo10 nun programa adicado a que a Muralla e a cidade sexan más coñecidas”.

Antoni Gordó salientou a importancia de mellorar a autoestima da cidade da que dixo que “o ten todo, está ben situada, ben comunicada con Asturias, Castela-León e o resto de Galicia, ten Universidade e persoas traballadoras”. Tamén fixo referencia a existencia de empresas lucenses que son punteiras e exportan en todo o mundo.