Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA XUNTA PARA INFORMACIÓN E INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE INMIGRANTES


# Mércores, 07/07/2010


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou hoxe un convenio co Secretario Xeral de Emigración da Xunta, José Santiago Camba Bouzas, para poñer en marcha un programa de información, orientación e inserción sociolaboral de inmigrantes residentes na nosa cidade.

Trala firma do convenio, o Alcalde explicou que o Concello ten en marcha distintos programas para a integración dos inmigrantes como “a participación sobre todo de persoas de América do Sur nos cursos que imparte o CEI, tamén hai curusos de lingua para extranxeiros, ou axudas para aluguer de vivendas”. López Orozco tamén destacou o fenómeno que supón “o campo de beisbol que é un espazo para a integración, fundamentalmente dos xóvenes”.

O Secretario Xeral de Emigración indicou que Lugo acolle a máis de 5.000 inmigrantes extracomunitarios e no conxunto de Galicia hai 106.000. Camba Bouzas declarou que Galicia foi terra de emigrantes e “de ben nacidos é ser agradecidos”. Ademáis o Secretario Xeral de Emigración dixo que o convenio asinado hoxe “mostra a colaboración existente entre a Administración galega e os grandes Concellos”

O Programa que se financia con este acordo consistirá no funcionamiento dunha unidade de información, orientación e asesoramento xurídico e socio-laboral por parte do Concello.

Segundo establece o convenio, esa oficina dará información ás persoas inmigrantes sobre a súa situación xurídica e tramites administrativos como permisos de residencia, traballos, visados ou agrupamento familiar. Tamén facilitará información acerca d eprogramas formativos e de orientación e inserción laboral e promoverá a incorporación dos inmigrantes ás redes sosicias e á vida comunitaria.

O orzamento previsto é de 52.500 euros, dos que a Secretaría Xeral da Emigración aportará 35.000 e o Concello fará unha achega de 17.500.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova