Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CONCELLO FARÁ OS CAMBIOS NECESARIOS PARA QUE SE POIDA CONSTRUIR A ESTACIÓN INTERMODAL


# Xoves, 08/07/2010


Imaxe Asociada
O Goberno local está disposto a facer os cambios urbanísticos necesarios para que se constrúa unha Estación intermodal na cidade, que sirva de entrada ó AVE e conecte os transportes ferroviario e de autobús.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, indicou que a construcción da nova Estación de autobuses terá que financiala o Concello ou ben a Xunta, cando se clarexe a propiedade dos terreos da actual estación de autobuses.

Sobre o cambio de calificación urbanística deses terreos, o Alcalde explicou que “é normal, sobre todo en tempo de crise, que se procure o diñeiro necesario para construir a nova estación de autobuses como se fixo noutras cidades de Galicia e de España”. O Alcalde explicou que Lugo fará igual ca o resto das cidade porque “Lugo non é sitio distinto” e convidou a consultar os convenios de “Sevilla, Córdoba, Málaga, Zaragoza, Madrid, A Coruña ou Santiago”. “Desta forma conseguimos que Lugo prospere e facer o que é posible facer, non escribirlle cartas ós Reis Magos”, sinalou López Orozco.

O Alcalde cualificou de “polémica artificial” e “intento de que Lugo non progreso” as críticas da oposición a este proxecto e desbotou a construcción de dúas estacións de autobuses na cidade.

O Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento chegaron a un acordo o pasado venres para a construcción da Estación intermodal, como lembrou o Alcalde que expresou a súa perplexidade porque o voceiro do PP no Concello lle “enmende a plana ó Director de Mobilidade da Xunta”. E deduciu Jaime Castiñeira “non quere que Lugo teña estación intermodal”.

Pola contra, dixo o Alcalde, “nós estamos dispostos a facer os cambios necesarios para que 6.200 metros cadrados de cemento se incorporen a un Lugo moderno facendo alí equipamentos, zonas verdes, viais e tamén casas que poden ser alomenos nun 20% de promoción pública”. Neste sentido, a Delegada de Urbanismo, María Novo, apuntou que “desde o punta de vista urbanístico ésta é unha boa oportunidade para quitar unha ferida urbanística da cidade e darlle esponxosidade a unha zona que está colmatada”.



Tamén se referiu o Alcalde ó cambio que experimentará o Barrio da Estación coa construcción das terminais de tren e de autobuses e lembrou os compromisos que asume o Ministerio de Fomento que será quen convoque o concurso de ideas para a construcción da estación intermodal, fará o proxecto, construirá a nova estación do tren e pagará a metade dos gastos de urbanización que poida supoñer o proxecto.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova