Imprimir

A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL E O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN RECIBEN A VECIÑOS DE LUGO QUE VIAXAN CO KM0


8/7/2010

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañou ó Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, na recepción que ofreceu a institución provincial a un grupo veciños de Lugo que toman parte nunha excursión do Km0

O grupo está formado por medio cento de maiores veciños da parroquia de Bazar e participantes nos obradoiros impartidos nos Centros de convivencia Maruja Mallo e Uxío Novoneyra.

A recepción tivo lugar no Pazo da Deputación antes de comezar a viaxe a Bonxe e Ribadeo.