O Alcalde visita a sede de Begano, empresa patrocinadora de Lugo10
# Venres, 09/07/2010
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou hoxe a sede da empresa Begano, que colaborou con Lugo10 coa edición dunha edición especial de botellas de Coca Cola para conmemorar o décimo aniversario da proclamación da Muralla como patrimonio mundial.
O Alcalde foi recibido na planta que ten Begano na Coruña polo presidente da empresa, Federico Amor Sanjurjo e visitou as instalacións da fábrica.
Compartir: