Imprimir

RECEPCIÓN NO CONCELLO ÁS PARTICIPANTES NA ESCOLA DE MULLERES DIRIXENTES DA UXT


9/7/2010

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, recibiu esta tarde no Concello ás participantes na V Escola de Mulleres Dirixentes da UXT que comezou esta mañá na nosa cidade.

No acto, a Concelleira deulles a benvida ás dirixentes sindicais da UXT que participan nesta Escola e destacou na súa intervención o feito de que “todas loitamos pola igualdade entre homes e mulleres e por lograr que as mulleres poidamos acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións cos homes”.