Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha empresa do CEI NODUS organiza a Feira Medieval de Vilalba


# Venres, 09/07/2010


A empresa Funcióndeuno que traballa no Centro de Empresas e Innovación, o viveiro de empresas do Concello de Lugo, foi elexida para organizar a Feira Medieval de Vilalba que se vai celebrar esta fin de semana.

Funcióndeuno é unha empresa que se adica a organización de eventos e xestión cultural. Ten o seu domicilio social no CEI NODUS desde a súa creación o 22 de xuño de 2009.

Para o responsable da empresa, Pablo López Márzquez “aínda que estamos nunha época moi complicada Funcióndeuno vai moi ben”. Explicou que a empresa está “aínda mostrando o noso produto para meternos no mercado” pero salientou que “estamos traballando con moita ilusión e estanos saíndo bastante traballo porque ofrecemos un produto diferente”. “Por exemplo, nesta Feira primeiro fixemos un labor de investigación e logo xeramos os recursos necesarios” dixo Pablo López. Destacou tamén o protagonismo que terán os veciños de Vilalba nesta Feira xa que “é un proxecto deseñado por nós que van levar a cabo os veciños”.

A organización da Feira Medieval de Vilalba é o proxecto máis importante que leva a cabo a empresa ata o momento, aínda que xa ten feito outros traballos: no Arde Lucus recreou unha zona celta no Campo Castelo e tamén ten feito actividades para celebracións de empresas, infantís ou en vodas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova