Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla é o tema do concurso de fotografía aérea Lugo10 que se vai celebrar no 5º Criterium Aeronáutico que organiza o Real Aeroclub


# Venres, 09/07/2010


Imaxe Asociada
A Muralla vista desde o aire será o tema do concurso de fotografía aérea Lugo10 que se vai celebrar este ano por primeira vez no 5º Criterium aeronáutico que terá lugar a partir do 22 de xullo.

A iniciativa, convocada para conmemorar o décimo aniversario da proclamación da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, foi presentada hoxe no Concello xunto co 5º Criterium aeronáutico e a XXVII Volta Aérea a Galicia.

O acto correu a cargo do Alcalde, José López Orozco, o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luis Abelleira; o Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e a xefa territorial da Consellería de Presidencia, Marta Barreiro.

O Alcalde eloxiou o labor do Real Aeroclub que este ano cumple o seu 50 aniversario e agradeceu “que pensaran no Lugo10, o aniversario dun traballo que fixemos entre todos e que dean esta oportunidade de facer fotografías aéreas da Muralla”. Por elo o Alcalde animou “a todos os aficionados á fotografía a que vaian a Rozas para participar neste concurso, que se fará coas condicións precisas de seguridade”.

Este concurso é unha das novidades do 5º Criterium Aeronáutico Galicia 2010 que se desenvolverá do 23 ó 25 de xullo cadrando coa XXVII Volta Aérea a Galicia “Xacobeo 2010”.

O Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira, explicou que este ano tamén se vai presentar un simulador de paracaidismo que poderán probar as persoas que se acheguen a Rozas e tamén haberá un avión militar no que se poderán facer bautismos aéreos. Ademáis, por primeira vez haberá catro representantes de AENA na cea de clausura.

Ademáis, Luis Abelleira indicou que coa nova promoción de pilotos que está a punto de sair xa son 206 os pilotos formados no Real Aeroclub de Lugo.





Programa

O xoves, día 22, a partir das 17.00 producirase a recepción de participantes na Volta Aérea a Galicia.

O venres, día 23, ás 9.30 comezarán as visitas ó aeródromo de Rozas. Ás 11.00 sairá a primeira etapa da Volta Aérea a Galicia. Ás 12.00 está programada a primeira actividade aérea. A chegada da primeira etapa está prevista a partir das 13.00. Ás 16.00 sairá a segunda etapa da Volta Áerea a Galicia. A partir das 17.00 haberá visitas ó aeródromo de Rozas. A chegada da segunda etapa produciráse a partir das 18.00 e ás 19.15 haberá unha nova actividade aérea.

O sábado, día 24, haberá novo horario de visitas ó aeródromo dende as 9.30. A terceira etapa da Volta Aérea a Galicia sairá ás 11.00. Ás 12.00, novas actividades aéreas. Dende as 13.00 agardase a fin da terceira etapa. Xa pola tarde, dende as 16.00 están programadas actividades aéreas e ás 21.00 será a cea de clausura, na que se fallará o concurso de fotografía Lugo10.

E o domingo, día 25, dende as 9.30 ata as 13.00 haberá actividades aéreas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova