Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A primeira final do Mundial de Fútbol que xoga España poderase ver nunha gran pantalla en Lugo


# Venres, 09/07/2010


Imaxe Asociada
Os veciños de Lugo poderán desfrutar da primeira final do Mundial de Fútbol que xoga a Selección Española nunha gran pantalla de televisión que se vai instalar na praza de Santa María para ver o partido o domingo día 11, ás 20.30 horas. Será grazas a suma de esforzos do Concello de Lugo, o grupo El Progreso e Banesto.

A instalación dunha pantalla de televisión de 3 x 4 metros foi anunciada hoxe polo Alcalde, José López Orozco; a adxunta á Presidencia de El Progreso, Blanca de Cora García Montenegro, e a Directora de Zona de Banesto, Nerea Abelleira Regueiro.

O Alcalde, José López Orozco, agradeceu a participación tanto de El Progreso coma de Banesto nesta iniciativará que lles dará ós lucenses a oportunidade de vivir dun xeito especial este acontecimento histórico para o deporte español e para os siareiros.

López Orozco indicou que “recibimos moitas peticións de que o partido se televisase para animar a España aínda que fora dende lonxe” e logrouse grazas á receptividade que tiveron dúas empresas, o grupo El Progreso que “leva máis de cen anos defendendo os intereses de Lugo” e Banesto, unha entidade financieira que ten presenza na nosa cidade e “non quixo quedar fóra de Lugo10 e dá o seu apoio da mellor maneira, dándolle esta oportunidade ós lucenses“.

A adxunta á Presidencia de El Progreso, Blanca de Cora sinalou que “para El Progreso e para Telelugo é un orgullo participar da iniciativa porque é un feito histórico estar na final do Mundial de fútbol e animo a todo o mundo a que se una para vivir xuntos este acontecemento”.

Nerea Abelleira, Directora de Zona de Banesto, lembrou que este banco é patrocinador oficial da Selección polo que “para nós é un orgullo darlle ós lucenses a posibilidade de vivir este momento” e engadiu “espero que ganemos e poidamos desfrutar tods xuntos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova