Imprimir

FALLADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE PINTURA RÁPIDA QUE CONVOCOU O CONCELLO


12/7/2010

Gabriel Casarrubios Martín foi o gañador do primeiro premio do X Certame de Pintura Rápida ao aire Libre “Cidade de Lugo” que convocou o Concello. O segundo premio foille concedido a Julio Gómez Mena e o terceiro a Piedad Santamaría Pascual.

O xurado concedeu os seguintes accésits: a Alfonso González Araújo, Raúl Gil Burés, Beatriz Seijo Lamas, Antonio Hernández Martín, Daniel Parra Lozano, Miguel del Castillo Ferrero e a Dolores López Polo.

Tamén se concedeu o premio especial ao artista local a Sonia González Varela

E na categoría xuvenil, o primeiro premio foi para Cristina Martínez Gómez, o segundo para Killa Cornejo Aradás e o terceiro para Eva Carballeira Rabuñal.

O xurado do Certame estivo formado por Esther Muñoz Mella, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón”, e os pintores Josefina Álvarez Pol e
Xesús Blas Lourés. A Concelleira delegada de Cultura, Nuria Mundiña López, actuou como representante do Concello.

Nesta décima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre participaron medio cento de artistas de distintos lugares de España.