Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xulgado nega unha indemnización de 60.000 euros que pedía un policía local


# Martes, 13/07/2010
O xulgado denegou unha indemnización de 60.000 euros que lle solicitaba ó Concello un policía local nun recurso que interpuxo contra o decreto que nomeou distintos cargos deste corpo.

A sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo é consecuencia do recurso presentado contra o Decreto que regulou os nomeamentos dos responsables de División e dos xefes de turno da Policía de barrio, do responsable da Unidade de atestados, ademais de asignar as funcións básicas dos responsables de grupos e agrupacións.

No seu recurso, o demandante pedía a nulidade desta resolución e tamén que se condenara ó Concello a indemnizalo con 60.000 euros ó considerar que foi obxecto dunha discriminación, así como que se declararan nulos todos os actos ditados polos Xefes de división, os responsables dos turnos, grupos e agrupacións, entre outras reclamacións.

A xuíza estimou parcialmente o recurso, ó considerar que o Decreto debera ter sido ditado polo Alcalde e non polo Tenente de Alcalde delegado de Área, sen embargo desestima o resto das pretensións do demandante.
De feito, nun dos fundamentos xurídicos a sentenza sostén que “o que non se pode compartir é a súa tese de que necesariamente haxa que acudirse ó escalafón, porque é un criterio que se impón legalmente para os procedementos de promoción interna, non para supostos coma o presente”. Indica tamén que “partindo de que a pesar de que non se trate dun concurso, e das súas facultades de autoorganización, ha de poder controlarse a través da correspondente motivación do acto, a fin de poder verificar se foi arbitrario; pero sen que elo poida dar lugar á estimación da pretensión do actor de indemnización en 60.000 euros, que non se xustifica, e que non pode ter amparo no dereito que el considera a que se lle atribúan algún dos postos respecto dos que se considera con mellor dereito ca os seus compañeiros, ó tratarse dunha asignación de funcións; e sen que haxa constancia de que consecuencia da distribución de funcións, teña sido afectado o montante económico que viñera percibindo”.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova