Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo 10 entrega os premios a ganadores do concurso "10 amigos 10" de facebook


# Mércores, 14/07/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os ganadores do concurso “10 amigos 10” convocado a través da páxina de Lugo10 en Facebook, recibiron o seu premio nun acto que tivo lugar este martes no Centro de Interpretación da Muralla.

A iniciativa foi impulsada hai unhas semanas nas redes sociais, co obxectivo de promocionar nos entornos dixitais a celebración do décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. Para elo, organizouse un concurso na páxina facebook.com/lugo10 no que participaron un total de 165 usuarios que contribuíron a difundir a imaxe de Lugo entre os seus contactos.

O premio para cada un dos 20 ganadores foi unha botella de Coca-Cola da edición limitada conmemorativa do décimo aniversario máis unha camiseta de Lugo10, que foi unha sorpresa para estes mozos e mozas tan activos nas redes sociais.

Durante un rato moi agradable, os responsables das redes sociais de Lugo10 e os agraciados compartiron opinións sobre a iniciativa e o traballo que se desenvolve a través da páxina e tamén tiveron tempo para facer algunha fotografía e coñecer o Centro de Interpretación da Muralla. Proximamente, comunicaranse novas sorpresas e actividades para a páxina.

Enlace: http://facebook.com/Lugo10

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova